|
Para participar no congreso na calidade
de comunicador, basta enviar o formulario de inscrición debidamente cuberto e
coa opción de 'comunicador' marcada, xunto co arquivo do resumo proposto en
formato .doc (Microsoft Word®). A comunicación enviada será submetida á
avaliación do Consello Científico que resolverá a súa aprobación e
inclusión nas actas do evento.
Normas xerais de participación como
comunicador
1. Só se aceptarán textos escritos
integramente en lingua galega, portuguesa, inglesa e castellana;
2. Permitirase propor até 2 (dous) textos
por autor e no máximo 4 (catro) autores por texto. Neste último caso, para
recibir a copia das actas, cada un deles debe ter formalizado a súa
inscrición e pagamento das taxas na calidade de comunicador;
3. Os textos deben conter un título, un
subtítulo (de ser o caso), nome e apelidos do autor, departamento e
institución, correo electrónico, resumo entre 120 e 150 palabras e 3 (tres)
palabras-chave;
4. O texto debe estar xerarquicamente
estruturado (e nun só nivel, é dicir, non se admitirán subapartados ou
similares), cun máximo de 4.000 (catro mil) palabras, coas referencias
bibliográficas inseridas no propio texto (Autor, ano:páxina), indicando de forma clara
a metodoloxía, os resultados, as conclusións e a bibliografía citada
seguindo a formatación que se indica:
Exemplo de referencia no corpo do texto:
(Pereira,
2007:120)
Cita de monografías:
Pereira, Antón
(2007). Investigar en galego: pautas xerais. Lugo: Edicións Moure.
Cita de capítulo en obra colectiva:
Pereira, Antón (2007). Aproximacións
cuantitativas á investigación en Galiza. In Freire, María, Ed. Estudos e
ensaios. Lugo: Edicións Moure, pp. 12-19.
Cita de artigos en revistas:
Pereira, Antón (2007). Pautas para
investigar en galego. Revista galega de iniciación científica, n.º
1, Vol.1, pp. 13-16.
Cita de artigos en actas:
Pereira, Antón (2007). O estado da
investigación en Galiza. In Freire, María, Coord. A investigación en
Galiza. Actas do I Encontro de Investigadores Galegos, celebrado en Lugo,
entre o 12 e o 13 de maio de 2006. Lugo: Universidade Rural, pp. 11-24.
Cita de monografías en internet:
Pereira, Antón (2007). Investigar en
galego: pautas xerais [en liña]. Lugo: Edicións Moure. Dispoñibel en
[consult. 12.06.2007]: <http://www.moure.gal/pereira1.pdf>.
Cita de capítulo en obra colectiva en internet:
Pereira, Antón (2007). Aproximacións
cuantitativas á investigación en Galiza. In Freire, María, Ed. Estudos e
ensaios [en liña]. Lugo: Edicións Moure, pp. 12-19. Dispoñibel en
[consult. 12.06.2007]: <http://www.moure.gal/freire1.pdf>.
Cita de artigos en revistas en internet:
Pereira, Antón (2007). Pautas para
investigar en galego [en liña]. Revista galega de iniciación científica,
n.º 1, Vol.1, pp. 13-16. Dispoñibel en [consult. 12.06.2007]: <http://www.moure.gal/revista1.pdf>.
Cita de documentos en internet:
Xunta de Galicia (2007). Estatísticas da
investigación en Galiza [en liña]. Consellería de Innovación e Industria,
Xunta de Galicia. Dispoñibel en [consult. 12.06.2007]:
<http://www.xunta.es/estatistica.htm>.
Pereira, Antón (2007). Situación da
investigación en Galiza [en liña]. Consellería de Innovación e Industria,
Xunta de Galicia. Dispoñibel en [consult. 12.06.2007]:
<http://www.xunta.es/situacion1.htm>.
5. Non se admitirán notas ao pé, nin
notas ao fin;
6. As táboas, gráficos, figuras, deseños
e ilustracións (orixinais) deben estar incluídas no texto, presentando
contraste e calidade suficientes, estando en branco e negro (escala de
grises) e claramente identificadas e numeradas consecutivamente. Os textos
inseridos en gráficos, imaxes e similares deberán estar en fonte Trebuchet
MS, tamaño 8;
7. Os autores son responsábeis das autorizacións oportunas dos titulares de
dereitos de citas, ilustracións, etc., non se responsabilizando a
organización por calquera violación dos dereitos de propiedade intelectual
contemplados na lexislación vixente;
8. Os textos que non sexan enviados seguindo esta formatación proposta,
serán automaticamente excluídos.

|